CRTVG

Buscar

Os países da OPEP acordan reducir a oferta de petróleo se México se suma

Publicado o 10/04/2020 09:54

Os países da OPEP, Rusia e outros produtores de petróleo acordaron reduciu a súa oferta de petróleo se México se suma.

Deixarán de poñer no mercado o 23 por cento da produción actual ante a crise do sector ocasionada pola COVID-19. Isto suporá 10 millóns de barrís de cru menos cada día.

Agora falta coñecer cando empezarán a aplicar esa redución da oferta. Ese punto do pacto quedou condicionado a que México acepte o compromiso.

Dáse a circunstancia de que, tras once horas de reunión telemática, o encontro rematou despois de que a ministra mexicana de Enerxía, Rocío Nahle, abandonara a xuntanza sen dar o consentimento do seu país.

Se México non renuncia a deixar de bombear 400.000 barrís diarios, o acordo básico quedaría en nada.

Noticias web

10/04/2020