CRTVG

Buscar

Os países da OCDE rexistran unha recesión económica sen precedentes

Publicado o 26/08/2020 16:17

A covid-19 arrasa coas grandes economías. Os países da OCDE rexistraron un retroceso económico sen precedentes no segundo trimestre, case un 10%.

Trátase da primeira vez en vinte anos que o chamado club dos países desenvolvidos, a OCDE, entra en recesión técnica. Non o facía dende a crise financeira de 2008.

Desta vez, a caída multiplica por catro a de 2008. O retroceso é dun 9,8% no segundo trimestre, debido ás restricións adoptadas para frear a covid-19. 

Por países, a maior freada é para o Reino Unido cun afundimento de máis de 20 puntos, seguido de España, cunha caída dun 18,5.

Noticias web

26/08/2020