CRTVG

Buscar

Os pais dos nenos asasinados en Godella, incluídos no programa de prevención de suicidios

Publicado o 18/03/2019 15:19

A nai dos nenos asasinados en Godella ingresou no cárcere de Picassent este domingo despois de negarse a declarar diante do xuíz que investiga o caso. No centro penitenciario estaba xa o pai dos pequenos, acusado igualmente de dous delitos de asasinato. A parella foi incluída no programa de prevención de suicidios e ingresaron en dous módulos de enfermería separados.

Están acompañados, as 24 horas do día, de dous presos de confianza elixidos pola dirección do centro.

Nos próximos días, ambos serán recoñecidos por dous psiquiatras forenses, que deberán determinar se sofren algunha alteración psíquica que puidese afectar a súa vontade ou comprensión da realidade.

Os investigadores sospeitan que a muller sufría un brote psicótico cando, supostamente, cometeu o dobre crime, polo que podería ser declarada inimputable. Á espera de que a autopsia determine as causas da morte, os cadáveres dos dous menores presentaban golpes na cabeza.

Noticias web

18/03/2019