CRTVG

Buscar

Os pais de Gabriel Cruz piden a nulidade do xuízo por entender que o xurado popular actuou baixo instrucións da maxistrada

Publicado o 12/11/2019 16:12

O avogado da familia do pequeno Gabriel cre que hai razóns de sobra para pedir a nulidade e repetir o xuízo.

Na súa apelación, presentada diante do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía, considera que houbo erros clamorosos porque non se tiveron en conta os informes médicos que incidían en que houbo asañamento e que o pequeno Gabriel estivo agonizando entre 45 e 90 minutos.

O avogado dos pais cre que a maxistrada induciu o xurado popular para emitir o seu veredicto. A autora da morte do pequeno, Ana Julia Quezada, fora condenada no mes de setembro pasado a prisión permanente revisable por un delito de asasinato con aleivosía.

Con este recurso, a familia quere que se recoñeza tamén que si houbo asañamento e que as lesións que presentaba o pequeno Gabriel evidencian que Ana Julia Quezada o matou facéndoo sufrir.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/11/2019