CRTVG

Buscar

Os pais acusados de maltrato xa non poderán visitar os fillos menores

Publicado o 03/09/2021 08:37
Os pais acusados de maltrato xa non poderán visitar os fillos menores

A partir deste venres os pais incursos nun proceso penal por violencia de xénero non poderán gozar dun réxime de visitas aos seus fillos menores, ao entrar en vigor a reforma do Código Civil que pon fin a eses contactos. Coa reforma aprobada, en vigor desde este 3 de setembro, o xuíz non fixará un réxime de visitas, e suspenderao se existe, cando o proxenitor estea incurso nun proceso penal por atentar contra a vida, agredir ou abusar da parella ou dos fillos, e tampouco se aprecia "indicios fundados de violencia doméstica ou de xénero".

Permítese ao xuíz autorizar as visitas nunha "resolución motivada no interese superior do menor" e "previa avaliación da situación da relación paternofilial", aínda que en ningún caso se poderá dar ese paso cando o proxenitor en cuestión estea en prisión, provisional ou firme, polos citados delitos.

 

Noticias web

03/09/2021