CRTVG

Buscar

Os pagamentos dos ERTE tributarán na renda de 2021

Publicado o 23/06/2020 14:49

Os pagamentos que reciben os traballadores acollidos a expedientes temporais de regulación de emprego non levan aparelladas retencións. Toda a carga tributaria por estas prestacións trasládase á declaración da renda do ano que vén.

"Ollo, que non é líquido todo o que se cobra nos ERTE", di Alberto Fernández, asesor fiscal.

A ministra de Traballo asegura que todos os ERTE que entraron no servizo público están tramitados e pagados. Unha afirmación que non comparte o Colexio de Xestores Adninistrativos.

"Segundo os nosos datos, quedan por cobrar 480.000. Non están todos cobrados", asegura Pilar Otero, presidenta do Colexio de Xestores Administrativos.

A cuarta reunión entre Goberno e Axentes Sociais para prorrogar os ERTE ata finais de setembro rematou sen acordo aínda que con avances. Queda unha semana para pechar a negociación antes do 30 de xuño.

Noticias web

23/06/2020