CRTVG

Buscar

Os padexeiros Óscar Graña e Óscar Romero, ouro no mundial de maratón

Publicado o 10/09/2018 15:24

E na última xornada dos mundiais de Piragüismo na modalidade de maratón en Portugal máis éxitos para a representación galega. Ouro para Óscar Graña e Óscar Romero, bronce para Tania Álvarez e Tania Fernández.

De menos a máis, padexando con máis corazón ca experiencia. Cun futuro ilimitado na categoría. O certo é que as galegas Tania Álvarez e Tania Fernández lograron subir ao podio no terceiro chanzo do caixón na proba de K2.

 Coas húngaras intratables na cabeza e as españolas Eva Barrios e Amaia Osaba en segunda posición, as Tanias culminaros unha remonta sensacional ata lograr o bronce.

 En C2, categoría masculina, os galegos Diego Romero e Óscar Graña conseguiron a medalla de ouro na modalidade de maratón, un galardón máis nun palmarés brutal.

Romero e Graña superaron na liña de chegada aos húngaros Kolezar e Bala e aos checos Brezina e Louji. Os españois Campos e Sánchez acabaron na quinta posición.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2018