CRTVG

Buscar

Os pactos decidirán case cen gobernos locais con máis dunha vintena de incógnitas

Publicado o 29/05/2019 19:41
Os pactos decidirán case cen gobernos locais con máis dunha vintena de incógnitas

Pleno no Concello do Carballiño nunha imaxe de arquivo

Unha vez repasados aqueles concellos onde está claro quen vai ser o alcalde, toca analizar que pasa nos 95 concellos galegos onde non houbo maiorías absolutas. En concreto, estas son as forzas máis votadas destes municipios.

 

Pero as cores deste mapa teñen moitas posibilidades de mudar. En primeiro lugar, porque en moitos municipios xa están en marcha pactos de goberno que teñen moitos visos de repetirse. 

Atendendo á traxectoria dos dirixentes políticos locais no pasado recente e ás súas declaracións, elaboramos este mapa coa cor política máis probable dos alcaldes que sairán elixidos o 15 de xuño. Aquí pode verse a pantalla completa.

O mapa inclúe máis dunha vintena de incógnitas, dada a correlación de forzas neses concellos. Ese ton gris se cadra irá cambiando conforme vaian avanzando as negociacións entre os partidos, ou se cadra haberá que agardar aos plenos do día 15. Alí tampouco é descartable que se produza algunha sorpresa de última hora, como xa aconteceu varias veces no pasado.

Os resultados electorais dos 313 concellos de Galicia poden consultarse aquí.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí