CRTVG

Buscar

Os pacientes ingresados en Vigo danlle un sobresaínte á atención recibida

Publicado o 14/09/2018 15:13

Os pacientes ingresados nos hospitais Meixoeiro e Álvaro Cunqueiro de Vigo están moi satisfeitos coa atención recibida. O SERGAS fixo públicos os resultados dunha enquisa entre os hospitalizados este ano.

O grao de satisfacción xeral é de 8,9 puntos sobre dez. O xerente da área sanitaria destacou a súa satisfacción polo que considera unha avaliación sobresaínte. Ademais explicou que estas enquisas servirán para mellorar a atención.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018