CRTVG

Buscar

Pacientes do Sergas descargan unhas 10.500 probas de imaxe a través da plafatorma E-Saúde

Publicado o 03/03/2019 12:17


Máis de 4.500 usuarios do Sergas descargaron probas diagnósticas de imaxe a través da plataforma E-Saúde desde que se puxo en marcha esta prestación, en decembro. Baixaron preto de 10.500 probas: TAC, resonancias, radiografías... A plataforma E-Saúde tamén permite que os pacientes consulten en liña a súa historia clínica, a medicación, as análises e outras probas. Para darse de alta poden dirixirse ao centro de saúde e solicitar o acceso.

Noticias web

03/03/2019