CRTVG

Buscar

Os pacientes con epilepsia piden maior visibilidade para esta enfermedade neurolóxica, unha das máis comúns e menos coñecidas

Publicado o 24/05/2021 20:43

A Francisco diagnosticáronlle epilepsia cun ano de vida e asegura que padeceu máis pola ignorancia sobre a súa enfermidade.

É unha das enfermidades neurolóxicas máis comúns, pero segue a ser unha gran descoñecida tamén á hora de actuar ante unha crise convulsiva.

No último ano a pandemia da covid tamén tivo impacto nos pacientes con epilepsia.

No Día Nacional da Epilepsia as asociacións que atenden doentes e familiares reclaman maior visibilidade.

Os tratamentos farmacolóxicos logran controlar a enfermidade en 7 de cada 10 casos. Os doentes teñen as súas esperanzas postas na investigación de novos fármacos.

Noticias web

24/05/2021