Os PAC levan 200 días en folga sen visos dunha solución ao conflito co Sergas
Publicado o 14/07/2019 15:29

Os puntos de atención continuada (PAC) de Galicia fixeron esta fin de semana 200 días en folga, polo que criticaron que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) non deu "noticias" para "tentar alcanzar unha solución" ao conflito, "salvo a súa negativa para aceptar unha mediación solicitada polos traballadores ante a falta de diálogo".
O persoal reivindica o cumprimento deste pacto e que se poña "o mesmo empeño en cumprir cos dereitos laborais dos traballadores do mesmo xeito que ocorre coas súas obrigacións", mediante o adecuado cómputo da xornada en calendario coa revisión dos plans funcionais (recursos humanos tendo en conta variables como o número de asistencias). Así mesmo, destacaron "a falta de previsión na cobertura de ausencias previstas e a de plans de continxencia para cubrir ausencias imprevistas" que leva o persoal a traballar "baixo mínimos ou en condicións de pouco descanso" que pode motivar "un aumento dos erros".
Os traballadores instan o Sergas a que "asuma a súa responsabilidade de dar unha asistencia sanitaria digna e de calidade", así como "garantir os dereitos dos traballadores, facilitando canles de comunicación establecidas para chegar a unha solución a este conflito", que se prolonga desde hai un ano e medio. Ademais, subliñaron que esta semana o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou un plan para a extensión da hospitalización a domicilio en Galicia durante todo o ano, o que "custa entender como pode ser posible sen os recursos humanos que aos PAC se lles nega insistentemente por falta de facultativos".
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Máis sobre actualidade
11/12/2019 17:59
11/12/2019 17:41