CRTVG

Buscar

Os orzamentos da Xunta para igualdade aumentan un 8%

Publicado o 25/10/2019 20:11
Os orzamentos da Xunta para igualdade aumentan un 8%

Galicia contará no 2020 cun plan estratéxico contra a trata e outro dirixido a menores agresores de violencia de xénero. Anunciono o Conselleiro de Vicepresidencia na cámara galega durante a presentación das contas do seu departamento. Alfonso Rueda dixo que a maior parte dos máis de 300 millóns de euros que manexará irán dirixidos a xustiza, emerxencias, cooperación local e loita contra a violencia machista. Neste eido destacou que Galicia é a única comunidade que mantén as axudas periódicas ás víctimas; unhas axudas que o ano que ven empezarán a recibir as mulleres con fillos asasinado polas súas parellas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí