CRTVG

Buscar

Os ourensáns ultiman os preparativos para celebraren os magostos

Publicado o 08/11/2019 14:02

As castañas non poden faltar en ningún magosto. Din que este ano hai poucas e non moi boas, pero son o ingrediente principal desta tradicional festa que celebran os ourensáns.

E aínda que o tempo non acompañe, haberá magostos no monte ou nas casas. Hoxe toca mercar e a actividade intensíficase na praza de abastos e nas carnicerías, o máis buscado son os chourizos

O luns é San Martiño, patrón de Ourense, e esta é a fin de semana grande dos magostos. A tradición é a tradición, e ninguén quere perdela.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019

Máis sobre ourense