CRTVG

Buscar

Os ósos de santos son a estrela dos postres nestas datas

Publicado o 30/10/2019 14:46

Os celtas tiñan a crenza de que os mortos os ameazaban se nos lles daban o que pedían. De aí vén a tradición actual de que os rapaces, e os non tan mozos, vaian polas portas pedindo doces ao berro de "truco ou trato". Aquí a tradición lévanos a degustar como postre o Día de Defuntos e Todos os Santos os coñecidos como ósos de santo. O famoso mazapán de cor branco, alongado e de forma cilíndrica recheo de doce de xema e outros sabores.

Os de chocolote e xema son os máis solicitados, pero ben é certo que as chulas seguen a ter gran protagonismo xunto coa innovadora sobremesa dos Ramóns.

As pastelerías e as froiterías decoran os seus escaparates cun elemento representativo do Samaín como é a cabaza. Cabazas de todas as cores e formas envoltas en teas de araña dándolle terror á escena. Cada ano a cabaza cobra máis protagonismo, non só no prato, senón na decoración de casas e escaparates de tendas.

As familias por Defuntos e Todos os Santos aproveitan para manter esta tradición e facer xuntos os doces na casa.

A pesar do mal tempo, o certo é que novembro comeza de xeito moi doce.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/10/2019