CRTVG

Buscar

Os orzamentos do Estado para 2021 salvan o primeiro trámite no Congreso

Publicado o 12/11/2020 19:52

Con 198 votos a favor e 150 en contra, o Goberno evita que o Congreso devolva os seus presupostos. Agora toca negociar cos grupos o si definitivo ás contas. A ministra busca o apoio simultáneo de Esquerra e Ciudadanos, pero a día de hoxe semella imposible.

Gabriel Rufián, de ERC, asegurou que "dicir que se poden pactar uns presupostos xerais do Estado con Ciudadanos e Esquerra é mentir a sabendas".

Inés Arrimadas,  presidenta de Ciudadanos, díxolle ao Goberno que "se non collen esta man, e collen as de Bildu e Esquerra, xamais poderán dicir que non tiñan outra opción".

E a ministra de Facenda, María Jesús Montero, pedía: "se non é agora cando un país ten que ter altura de miras e superar unha sorte de vetos cruzados no que é máis importante con quen que o que votamos, creo que iso debemos superalo".


Pero Unidas Podemos insiste en deixar a Ciudadanos fóra da ecuación. Pablo Echenique díxolle a líder laranxa que "estaba escrito que vostede ía volver á praza de Colón, señora Arrimadas, pero que ía volver tan axiña e cos dous pés, eu non o vin vir".

Desde Bildu, Oskar Matute confirmaba que o seu apoio ás contas terá vocación de continuidade: "hoxe non remata nada, hoxe acaba de empezar todo".

O PP acusaba o Goberno de pagar co achegamento de presos a Euskadi. O seu presidente, Pablo Casado, expresou  "o noso rexeitamento aos socios que hoxe consolidou Pedro Sánchez. Despois de negalo durante tanto tempo, Bildu pasa a ser un socio prioritario".

O presuposto entra agora en tres semanas de negociación antes de volver ao hemiciclo.