CRTVG

Buscar

Os oncólogos piden máis investigación en biopsia líquida

Publicado o 25/01/2019 16:05

Oncólogos de toda España piden máis investigación sobre biopsia líquida para avanzar en tratamentos oncolóxicos. Na presentacion do IV Simposio sobre biopsia líquida que se está a celebrar en Santiago, oncólogos e especialistas en bioloxía molecular destacaron a importancia desta ferramenta para poder tratar de xeito personalizado cada paciente. A técnica, que permite facer un seguimento en tempo real da evolución dos tumores, estase a aplicar con éxito en diagnósticos de cancro de mama, próstata e pulmón. Segundo os expertos, non se está a avanzar ao ritmo desexado debido á falta de investimento.

Noticias web

25/01/2019