CRTVG

Buscar

Os oncólogos demandan unha carteira común de biomarcadores para todos os hospitais

Publicado o 27/02/2020 13:53

Celébrase en Vigo o segundo Simposio Nacional sobre Oncoloxía de Precisión. Os expertos no tratamento do cancro valoran a facilidade de acceso aos novos fármacos na sanidade pública galega e demandan unha carteira de biomarcadores única e común a todos os hospitais

Loan a dispoñibilidade de medicamentos de última xeración, pero lamentan a inequidade que neste senso se dá aínda no estado español. Piden que todos os hospitais ofrezan a mesma carteira de biomarcadores. E puntualizan: isto non quere dicir que arestora os pacientes non estean beneficiándose de todos os avances.

"Sobre iso podemos estar completamente tranquilos, faise para todos os pacientes para os que hai terapias aprobadas", asegura Sergio Vázquez, presidente da Sociedade Oncolóxica de Galicia. 

Martín Lázaro, oncólogo do Complexo Hospitalario Álvaro Cunqueiro, explica: "A puntualización é que nalgúns centros se poden facer determinadas determinacións e noutros non e téñeno que facer a través dunha plataforma financiada pola industria farmaceútica".

Traballan, por iso, nun Plan galego de oncoloxía de precisión que contempla que esa carteira de biomarcadores sexa común e con financiamento público.

"O exemplo témolo en Francia, onde se lles fai un mínimo imprescindible de biomarcadores a todos os pacientes oncolóxicos", argumenta Joaquín Casal, o xefe de servizo de Oncoloxía do CHUVI. 




 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/02/2020