CRTVG

Buscar

Os 'okupas' estragan un edificio histórico do centro de Vigo

Publicado o 23/04/2021 13:52

Unha porta de aceiro bloquea agora a entrada a este edificio histórico do centro de Vigo. O inmoble estivo ata hai pouco ocupado, e a pegada dos inquilinos ilegais é visible na propia fachada.

"Vin que non había movemento nas ventás e chamei a policía, entrou a policía comigo e procedemos a tapiar a porta", fala Juan Rial, presidente da Fundación José Estévez, propietaria do edificio.

Se a deterioración xa se albisca a simple vista, ao acceder ao inmoble un cheiro nauseabundo advirte da desfeita. Quilos de lixo, electrodomésticos e mobiliario rebentado. Esta foi a desoladora imaxe coa que atoparon os propietarios.

"Deprimente, neste edificio íanse conservar elementos coma as portas, pero está todo estragado. Estamos á espera da valoración dos técnicos", di Rial.

Un ano e medio de litixios co arquivo da causa por parte do xulgado.

"Porque a xuíza dixo que non localizara os inquilinos para notificarlles a demanda", engade Juan Rial.

Levará tempo e cartos devolverlle a este inmoble o seu aspecto señorial. O edificio mesmo está catalogado de principios do século dezanove.

Noticias web

23/04/2021