CRTVG

Buscar

Os nutricionistas din que é fundamental unha alimentación equilibrada durante o confinamento

Publicado o 24/03/2020 20:42


Intentar estar o máis sans posibles para non enfermar. É un dos consellos dos nutricionistas para as semanas que aínda nos quedan de confinamento na casa. Unha alimentación axeitada é chave para manternos en forma e non coller uns quilos de máis

 "O que non debemos comer nestes momentos é o mesmo que non debiamos comer antes, todos eses alimentos procesados e ultraprocesados, non só polo exceso de calorías que nos achegan, senon tamén por eses ingredientes que teñen que non son nada saudables", di a nutricionista Fátima Branco

Durante este tempo imos ter menos gasto enérxetico. Por iso, din, hai que adaptar a inxestión de calorías a ese gasto. Para os nutricionistas isto é o que non debe faltar na lista da compra

 "Para min o que ten que haber todos os días é froitas e verduras, a froita e verdura iso sempre para ter moitas vitaminas e que o noso sistema inmunitario estea forte e tamén incluír un iogur todos os días, polo tema dos probióticos", sinala Fátima Branco

Todo isto sen esquecer as proteínas dos peixes e a carne. Outras das recomendacións destes profesionais da nutrición son respectar as horas das comidas, non facer incursións continuas á neveira e facer algo de exercicio.

Noticias web

24/03/2020