CRTVG

Buscar

Os novos xulgados de Tui estarán operativos a primeiros de ano

Publicado o 27/11/2019 14:54

Antes dese acto, o presidente da Xunta estivo en Tui, na inauguración dos novos xulgados. Os tres que estaban repartidos pola vila agrúpanse no antigo centro de saúde rehabilitado para dar un servizo digno aos cidadáns e mellorar as condicións da trintena de funcionarios.

"Unhas instalacións donde non coincidan testemuñas e acusados, vítimas e investigados, e donde todos e todas, tamén o ministerio fiscal, a avogacía e a procura, poidan desenvolver axeitadamente a súa función", explicou o presidente do TSXG.

A falta de espazo e unha poboación de 50.000 persoas ás que dar servizo facían de Tui, segundo Feijóo, unha das prioridades do plan de infraestruturas xudiciais que puxeron en marcha hai dez anos.

"A data de hoxe levamos investidos 115 millóns de euros. Na década da crise investimos máis do dobre do investido en Galicia dende a transferencia da administración de Xustiza en 1995", asegurou o presidente.

Prevese que os novos xulgados estean en funcionamento a principios de ano.

Noticias web

27/11/2019