CRTVG

Buscar

Os novos prazos da ITV fan que se acurten as datas de validez da revisión

Publicado o 22/05/2020 16:01

Os automóbiles aos que se lles caducou a Inspección Técnica de Vehículos (ITV) durante o confinamento experimentarán unha redución no prazo de validez da mesma, xa que unha orde ministerial permite aos condutores atrasar a revisión ata o fin do confinamento, pero a próxima vez que teñan que pasala estará marcada pola data que xa tiñan prevista.

Así o denunciaron as plataformas de consumidores, que explicaron que os vehículos que lles caducou a ITV en abril, por exemplo, poderán pasar a revisión nos meses seguintes, pero o ano que vén ou dentro de dous (canto teñan que volver pasar a revisión segundo a antigüidade do seu coche) terán que realizala en abril, como estaba establecido.

Neste sentido, lamentan que todos os usuarios que teñan que pasar a ITV porque xa lles caducara antes do confinamento manterán o período de renovación "intacto", mentres que os que pasen a inspección porque se lles caducou durante o estado de alarma verán como se reduce o seu prazo ata a próxima revisión.

Noticias web

22/05/2020