CRTVG

Buscar

Os novos colexios galegos adáptanse arquitectonicamente á era poscovid

Publicado o 08/09/2021 16:13

Tellados a dúas augas, moita luminosidade, aulas máis grandes e versátiles, portas corredoiras, patios de recreo cubertos... É a nova filosofía dos novos centros escolares galegos acollidos ao Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica. "No interior transformar a aula cos novos modelos tanto tecnolóxicos como de ensino de flexibilidade de espazos e no exterior buscar espazos flexibles e diversos, espazos cubertos", explican os arquitectos. 

Algúns dos novos centros educativos construídos ao abeiro deste plan e que xa estrearán neste novo curso os alumnos son o Sagrado Corazón en Lugo e o CEIP O Cruceiro, en Sanxenxo. "Colexio amplo con moita luminosidade, coas últimas tecnoloxías, con espazos versátiles. Temos un sistema de abatemento que podemos converter dúas aulas nunha. Un mobiliario moi versátil que podes adaptar para traballar en grupos ou de xeito individual", explica o director do centro de ensino de Sanxenxo. 

Novos centros adaptados ás novas necesidades educativas e sanitarias no contexto de pandemia Máis ventilados, máis luminosos, que sexa posible unha interacción co exterior dun xeito máis fácil, máis rápido. E queremos que as aulas posibiliten o desenvolvemento das novas tendencias pedagóxicas", explica o conselleiro de Educación, Román Rodríguez. 

O plan está dotado con 191 millóns de euros e levará a cabo 500 actuacións en colexios e institutos nos vindeiros tres anos.

Noticias web

08/09/2021