CRTVG

Buscar

O Ministerio notifica 10.476 novos casos, o nivel máis alto da pandemia

Publicado o 04/09/2020 17:45
O Ministerio notifica 10.476 novos casos, o nivel máis alto da pandemia

O Ministerio de Sanidade notificou este venres 10.476 casos da covid-19, o nivel máis alto notificado na pandemia. Deles, 4.503 foron diagnosticados nas últimas 24 horas, en comparación cos 3.607 deste xoves.

Desta forma, en total xa se diagnosticaron de covid-19 498.989 persoas en España.

Respecto ás mortes, o novo informe publicado polo departamento que dirixe Salvador Illa notificou un aumento na última semana, pasando das 191 rexistradas o xoves ás 256 deste venres.

En total, xa son 29.418 as persoas que faleceron por mor da covid-19 en España.

Ademais, nos últimos sete días rexistráronse 1.946 ingresos hospitalarios (136.322 desde que o virus chegou a España) e 151 en Unidade de Coidados Intensivos (UCI), por onde pasaron 12.471 persoas desde que comezou a pandemia.