CRTVG

Buscar

Os nomes das rúas deben preservar a toponimia tradicional fronte á conmemorativa.

Publicado o 19/10/2019 21:34

A un lado os técnicos do servizo de normalización lingüística dos concellos de Vigo, Pontevedra, Coruña e Lalín e no lado dos espectadores filólogos, historiadores e veciños interesados pola toponimia galega. Segundo a propia Lei de patrimonio cultural de Galicia a toponimia tradicional é patrimonio inmaterial e a administración competente ten a obriga de protexela.

Hai que evitar, dixeron os expertos, facer dos nomes das rúas un panteón de veciños e persoeiros ilustres. Tamén que a denominación de rúas, avenidas e prazas deben preservar a toponimia tradicional fronte á conmemorativa.

idades como Pontevedra decidiron en pleno que onde non haxa toponimia para recuperar e se escolla o nome dun persoeiro que sexa feminino. Só 26 rúas de 202 levan o nome dunha muller.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/10/2019