CRTVG

Buscar

Os niveis elevados de radon na Torre de Hércules obrigan a novos estudos

Publicado o 02/04/2019 17:42

Non son preocupantes para as visitas, pero outra cousa é o caso das persoas que traballan alí diariamente. Os niveis detectados en dous controis superan os 300 becquerelios metro cúbico que establece como límite a Organización Mundial da Saúde. Por iso se encargarán novos estudos. As dúas primeiras medicións fixéronse na Universidade de Santiago e a terceira, da que aínda haberá que coñecer os resultados, é do CSIC. Polo momento, as medidas son a rotación de traballadores por diferentes estancias.

Non vai ser doado o establecemento do sistema que palíe o exceso de radon polas características da propia torre e das restricións en calquera modificación precisamente polo rango que ten de protección como monumento. As intervencións teñen que limitarse a rehabilitación e conservación.

O radon é unha emisión natural do granito co que está construída ao cen por cento a Torre e tamén do chan sobre a que se sustenta. Un exemplo: as medicións do segundo piso deron un resultado de máis de 900 becquerelios metro cúbico cando a UE recomenda un máximo de 1.000 para estancias esporádicas pero de 400 para a permanencia nese lugar.

Noticias web

02/04/2019