Os netos da catástrofe nuclear de Chernobyl gañan saúde pasando o verán en Galicia
33 anos despois do accidente nuclear de Chernobyl, os netos da catástrofe visitan Galicia. Son nenos que veñen convidados por familias galegas durante dous meses para gañar saúde. É ademais un intercambio cultural que hoxe fixo falar en ruso ao concello de Valdoviño.
Non viviron a catástrofe pero sofren as consecuencias porque naceron nunha terra contaminada. Novozybkov foi a provincia rusa máis afectada polo accidente de Chernobyl, e alí os niveles de radiación aínda son elevados.
Galicia é terra acolledora destes nenos dende hai 23 anos a través da asociación Ledicia Cativa. Este verán participan sesenta menores de entre 7 e 17 anos que hoxe se xuntaron na praia da Frouxeira, en Valdoviño. Gozan do verán, pero o máis importante é que frean os efectos da radiación acumulada. Segundo estudos que manexa a asociación dous meses co noso clima e alimentación aumenta a súa esperanza de vida en dous anos.
Alén dos beneficios en saúde, o intercambio cultural é tan intenso que atopamos a Maxim como experto no refraneiro galego.
Di Maxim "Dïxolle a pota á tixola"