CRTVG

Buscar

Os nenos saíron á rúa, con máscaras e con precaución despois de moitos días desexándoo

Publicado o 26/04/2020 19:00

Sancho e Rodrigo tiñan moitas gañas de saír e, por suposto, saíron á rúa. Con máscaras e con precaución. Levaban moitos días desexándoo e encontraráronse con esa nova realidade que é a rúa. Unha nova realidade con menos xente e con camiños para eles sós.

E tamén con campos de fútbol que se poden improvisar en cada recuncho da cidade. Coma eles, moitos outros. Pablo e Javi saíron sen balón, pero botaron as súas carreiras nos parques da Coruña. Daniel e Lucas decidiron que a súa primeira saída fose sobre rodas. Case mes e medio despois, colleron os patíns e aproveitaron para percorrer as rúas de Pontevedra.

A bo ritmo, para poder completar máis distancia en menos tempo. A mañá mesmo lles deu para saudar a súa avoa e a súa tía, iso si desde unha distancia moito máis que prudencial.

Noticias web

26/04/2020