CRTVG

Buscar

Os nenos rescatados nunha cova en Tailandia recupéranse no hospital

Publicado o 11/07/2018 23:53

Tailandia acaba de facer públicas as imaxes dos nenos rescatados, tras permanecer 18 días nunha cova. Están hospitalizados á espera de recibir a alta médica mentres o mundo contempla, asombrado, as dificultades do rescate que tiveron que afrontar.

Charlan entre eles, fan bromas coas enfermeiras, fan o signo da vitoria mentres os familiares miran para eles desde destrás do cristal. Terán que agardar uns dias ata que poidan reunirse, cando os médicos decidan que o seu sistema inmunolóxico está preparado para evitar posibles contaxios.

As imaxes dun hospital limpo e moderno contrastan coa escuridade da cova onde permaneceron atrapados os  doce rapaces e o seu  monitor durante 18 dias. 9 deles ás escuras e sen comida. Un operativo dos "all star" do mergullo, din que os mellores do mundo, axudaron os tailandeses nun rescate que tivo o mundo en tensión.

Eles gravaron as imaxes da cova inundada, do espazo que compartiron e dos case 2 quilómetros de túneles que tiveron que percorrer ata a saida. A drenaxe de millóns de litros de auga permitiu que parte do traxecto se puidera facer andando. Superaron túneles inundados de apenas un metro de amplitude e a baixa temperatura da auga. "Non sabemos se foi un milagre, a ciencia ou que, dixeron os mergulladores. Os 13 están fóra da cova"


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2018