CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Os nenos ourensáns celebran ao grande o Xoves de Compadres

Publicado o 01/02/2018 14:27

Hoxe é Xoves de Compadres, e os protagonistas son os homes. En Ourense sábeno ata os máis pequenos, os primeiros en celebralo na praza Maior. Correron atrás das nenas para arrebatarlles os compadres, un meco de papel e cartón que lles fai a burla.

Primeira loita de sexos no Entroido ourensán. As nenas, orgullosas, amosan os compadres que elaboraron nas escolas. Os nenos agardan o momento en que empecen as carreiras para arrebatárllelos e, tamén, esnaquizalos.

Cento cincuenta rapaces de terceiro, cuarto e quinto de primaria de distintos colexios da cidade celebran as primeiras carreiras e persecución, onde case todo vale para apoderarse do meco das rapazas. Elas terán a oportunidade de vingarse o próximo xoves, o de Comadres.

O Xoves de Compadres tamén se festexa ao grande en vilas como Verín, onde os homes saen ás rúas cargados de petardos ou en Viana, onde celebran este día con fariña e o primeiro folión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí