CRTVG

Buscar

Os nenos menores de 12 anos terán hotel de balde

Publicado o 17/10/2019 15:15

Os nenos menores de 12 anos van poder viaxar de balde a Galicia. O Clúster de Turismo vai poñer 50.000 prazas de aloxamento e almorzo gratuítos, entre outras ofertas, para atraer familias en outono, inverno e primavera. O 30 de xuño remata a promoción.


Os menores de doce anos que viaxen cos seus pais a Galicia entre o 22 de outubro e o 30 de xuño ten aloxamento e almorzo de balde en 45 establecementos adscritos á promoción Galicia Destino Famliar, coa que o clúster do sector pretende desestacionalizar o turismo na comunidade. Están dispoñibles 50.000 prazas, entre outras ofertas.


"Unha parella que veña cun neno, o neno ten a estancia de balde, e nas parellas monoparentais pode ser un neno ou dous.
A maiores, 13.000 pensións completas, 4.500 medias pensións e 1.500 actividades de ocio para estes nenos", excplica Cesáreo Pardal, presidente do Clúster Turismo de Galicia 

Entre as actividades, vela, piragüismo, hípica, sendeirismo, talleres ou marisqueo con profesionais nas praias. Segundo o Clúster, é a primeira vez que se fai en España unha campaña deste tipo.

"Se poñemos á venda este tipo de campaña, o valor no mercado é dun millón e medio de euros", engade Pardal.

As reservas nos establecementos adscritos pódense facer a través da páxina web do Clúster Turismo de Galicia, que non desbota ampliar as prazas se se rebasan as previsións.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/10/2019