CRTVG

Buscar

Os menores de catorce anos, acompañados polos seus pais, gozan das rúas galegas

Publicado o 26/04/2020 21:35

Corenta e cinco días dentro sen soprar desexos ata este domingo.

Unha nena conta que por fin pode pasear co patinete porque xa había tempo que non o montaba. Outro neno di que non respiraba na casa. E unha adolescente conta que viviu un tempo abafada porque a casa é un espazo pequeno e ademáis foron moitos días seguidos. Ao saíren, parece, di, que recuperan a lberdade.

Recuperar unha liberdade que ata antes do confinamento probablemente non valoraban, como tampouco o aire na cara, a velocidade sobre rodas, o toque exterior e longo dun balón, e sobre todo a presenza e o murmurio dos outros.

Unha nai cóntanos que é a primeira vez que os seus fillos falan con xente que non sexan os pais ou irmáns. Conta tamén que nota que ao principio si que se botaban un pouco para atrás, cando atoparon uns nenos que adoitan xogar con eles xuntos no colexio.

Falan gardando os dous metros de seguridade porque os nenos e as nenas saen concienciados da casa, por seus pais, das novas normas, como a da distancia física.

Unha nai di que teñen que conciencialos porque o coronavirus é un problema gordo. Outra nai di que ela ten unha mestura se sensacións, que por un lado quere que gocen os nenos e por outro está preocupada e con medos.

Pois, a cumprir, nenos e adultos, para non termos que desandar o andado.

Noticias web

26/04/2020