Os nenos do colexio Manuel Respino da Rúa crean unha felicitación conxunta de Nadal
Publicado o 21/12/2020 18:25
A covid-19 está a modificar ata as tradicións máis antigas do Nadal. Os nenos de cuarto de primaria do colexio Manuel Respino da Rúa, Ourense, pregúntanse na súa felicitación conxunta, por exemplo, se a burra da panxoliña vai poder pasar o peche perimetral de Belén cargada de chocolate.