CRTVG

Buscar

Os nenos ante as PCR: no Hospital de Ourense fánllelas máis levadías

Publicado o 01/12/2020 14:33

Como David, moitas pequechas e pequechos chegan ao CHUO para facer a PCR asustados e nerviosos. Mercedes Touriño, enfermeira coordinadora da covidauto di: "Utilizamos moito iso da frase 'imos coller un moco que hai por aquí perdido'. Así máis ou menos os vas levando ao teu terreo, aínda que é difícil porque estamos vestidos como estamos vestidos, que parecemos astronautras case".

Mercedes Touriño explica que "hai algúns valentes por aí que parece que non lles estás facendo nada, pero a maioría choran e patean, os pobres".

Para alivialos, un trato moi próximo e cariñoso por parte do persoal sanitario e nun espazo deseñado para eles.

Verónica Civeira, do proxecto Pupas, engade: "Os nenos, a verdade é que son unha marabilla, son uns heroes, e queriamos premiar esa valentía e o ben que se están portando. A pancarta pintárona dúas nenas de 12 anos e representa dúas enfermeiras con dous nenos loitando todos xuntos en equipo contra o coronavirus".

Así, en escasos minutos, o mal trago pasa e xa poden presumir de ter o carné de loitadores contra o virus.

Noticias web

01/12/2020