CRTVG

Buscar

Os negocios arredor dos deportes ao aire libre crecen coa pandemia

Publicado o 15/10/2020 14:57

Practicar deporte ao aire libre sempre é unha boa opción persoal, pero en tempos de pandemia é unha demanda en auxe non só para os habituais, senón tamén para os principiantes.

Nótano eles pero tamén as tendas de deportes. Se falamos de deportes acuáticos, as vendas disparáronse tras a fin do confinamento.

Tamén houbo e hai moita demanda no sector das bicicletas. Non só como deporte, tamén como opción para movernos pola cidade dunha maneira máis segura.

As salas de adestramento persoal tamén se trasladan aos espazos ao aire libre. Algo que as persoas agradecen porque lles dá máis seguridade.

A pesar do peche obrigado polo confinamento, moitos destes establecementos lograron recuperarse e mesmo incrementar as súas vendas. O deporte ao aire libre convértese para moitos nunha gran vía de escape en tempos de pandemia. Prácticas saudables ás que hai que sumar beleza natural e moita tranquilidade.


 

Noticias web

15/10/2020