CRTVG

Buscar

O Cumio do Clima remata co compromiso de sermos máis ambiciosos na redución de emisións

Publicado o 15/12/2019 13:48

A presidenta do Cumio do Clima máis longo dos 25 celebrados ata o de agora, a chilena Carolina Schmidt, logrou o consenso para aprobar un acordo de conclusións que non pasará á historia como o máis ambicioso.

Baixo o título de Chile-Madrid, tempo de actuar os participantes neste cumio comprométense a aumentar en 2020 o obxectivo climático de redución de emisións, e cumprir o Acordo de París para evitar que a temperatura do planeta creza este século por riba de 1,5 graos.

Os primeiros borradores, presentados pola presidencia chilena foron rexeitados e criticados por observadores e organizacións non gobernamentais.

Finalmente, o documento aprobouse logo dun tenso debate co Brasil, que non aceptaba os parágrafos sobre océanos e uso de terras.