Os nacionalistas unen as súas forzas no Congreso
Publicado o 02/12/2019 20:55
Tamén o BNG segue negociando o seu apoio á investidura. Esta tarde o deputado Néstor Rego posou ás portas do Congreso xunto cos outros 24 deputados de Esquerra, Juns per Catalunya e EH Bildu, as forzas que representan o acordo de Llotja de Mar, e que piden amnistía, diálogo e autodeterminación. Os nacionalistas trasladaron unha imaxe de unidade, aínda que pode que finalmente cada unha tome posturas diferentes na investidura.