CRTVG

Buscar

Os nacionalistas e Unidas Podemos volven pedir investigar o rei Xoán Carlos

Publicado o 27/07/2021 12:29
Os nacionalistas e Unidas Podemos volven pedir investigar o rei Xoán Carlos

No Congreso, os partidos independentistas e Podemos volveron pedir unha comisión de investigación sobre a venda de armas a ditaduras árabes coa presunta participación de Xoán Carlos I.

Asinan a petición oito partidos, entre eles Esquerra, Bildu ou o BNG. Queren que se aclare se o rei emérito recibía comisións pola venda de armas. Non é a primeira vez que o intentan.

Dende o inicio da lexislatura a mesa da Cámara, cos votos de PSOE, PP e Vox, vetou 14 iniciativas similares. Unidas Podemos sempre as apoiou e agora dá un paso máis asinando tamén a petición.

Noticias web

27/07/2021