CRTVG

Buscar

Os nacidos a partir do 2010 xa teñen nome: Xeración BIT

Publicado o 18/12/2020 21:02

Foi idea dunha compañía tecnolóxica que se puxo a pensar nos que naceron a partir do 2010. "Estaban orfos de nomenclatura, despois da Xeración Z, que remataba nese mesmo ano". E a esa xeración empezábaselle a poñer certo nome. "A través dos medios de comunicación comezouse a denominala Xeración Covid", sinala Silvia Fraga.

E en Plexus Tech decidiron que se negaban a aceptar que se lles chame Xeración Covid, así que pensaron outro nome, Xeración BIT, que vén do inglés e significa "Nacidos na Tecnoloxía". Subliñan que estes rapaces son algo máis que nativos dixitais: entenden o mundo a través da tecnoloxía.

Esta campaña pretende sorrir ao futuro e mandar unha mensaxe de confianza e de esperanza na Xeración BIT.
 

Noticias web

18/12/2020