CRTVG

Buscar

Os museos científicos da Coruña consolídanse como oferta turística no verán

Publicado o 10/09/2019 13:40

Adentrarse nun dos museos científicos da Coruña é un plan que elixen moitos dos que visitan a cidade como turistas. 

Cada ano os tres museos reciben unha media de 400.000 visitantes. Pero sen dúbida nos meses de verán é cando teñen maior afluencia, explica Marcos Pérez Maldonado, director dos museos científicos da Coruña.

Tamén reciben a visita de numerosos escolares durante todo o ano. O obxectivo, presentar a ciencia dun xeito accesible e divertido a público de todas as idades e condicións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2019