CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

'Os mundos de Carlos Casares' chega a Vigo con 500 pezas sobre o autor

Publicado o 25/09/2017 15:32
Despois de percorrer distintas cidades galegas, chega a Vigo a exposición 'Os mundos de Carlos Casares'. A mostra, que poderá visitarse na casa galega da cultura, recolle preto de 500 pezas da vida do autor.



Entre elas, imaxes da infancia, obxectos persoais, manuscritos e mesmo o seu certificado de voda. A mostra divídese en 5 etapas, que van desde a parte máis familiar e a súa vida de estudante, ata os seus comezos literarios, as súas viaxes ou a súa etapa como profesor e xornalista.

O proxecto creado pola Fundación Casares, co apoio de distintas institucións, permanecerá en Vigo ata o próximo 5 de outubro.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí