CRTVG

Buscar

Os mozos que se incorporaron a actividade agraría en 2014 teñen ata o 30 de xuño para reclamar os impostos que lles cobraron de máis

Publicado o 21/06/2019 16:36

Arredor de seiscentos mozos que se incorporaron á actividade agraria en 2014 teñen ata o 30 de xuño para reclamar o que lles cobraron de máis, ao imputarlles nun só exercicio a contía completa das axudas que recibiron.

Así o dixeron esta mañá Xunta e sindicatos, tras a xuntanza do Consello Agrario de Galicia. Lembraron que só os agricultores que presenten reclamacións individuais ante Facenda poderán recuperar os cartos.


 

Noticias web

21/06/2019