CRTVG

Buscar

Os mozos de entre 16 e 19 anos comezan a vacinarse en Galicia

Publicado o 27/07/2021 20:11

Galicia comezou a intercalar os mozos de 16 a 19 anos no programa de vacinación con 17.000 ocos que rapidamente quedaron esgotados a través do sistema de autocita. En Expourense recibiron a primeira dose uns 250 mozos que o fixeron xunto á franxa de entre 20 a 29 anos.

Nesta instalación, ademais de vacinarse puideron participar nun cribado voluntario co que se pretende atallar a alta incidencia do virus neste grupo da poboación. Aproveitar a vacinación para seguir detectando asintomáticos e axudar a frear a transmisión.

O ritmo de vacinación en Galicia segue o camiño previsto, estamos a piques de chegar ao 70 por cento de poboación vacinada coa pauta completa e superamos o 75 por cento de cidadáns cunha dose inoculada.

Noticias web

27/07/2021