CRTVG

Buscar

Os mozos de Carnota ían cara ao instituto da irmá menor cando colidiron

Publicado o 12/06/2018 16:51

Os veciños de Carnota están desolados polo accidente de tráfico en que onte morreron dous irmáns de 20 e 14 anos. 

A conmoción é total, sobre todo na parroquia de Caldebarcos, de onde eran os dous mozos. O Concello de Carnota declarou dous días de loito oficial, mentres Tráfico investiga as causas do accidente. O coche saíu da vía nunha curva e aínda non se sabe se foi un descoido, exceso de velocidade ou outro motivo.

Ismael e Aynara, dous irmáns de 20 e 14 anos, ían cara ao instituto de Carnota cando o coche no que circulaban se saíu da vía nesta curva, bateu contra o valado e acabou chocando contra outro coche. Os dous mozos faleceron no sinistro, a escasos tres quilómetros da súa casa.

Os compañeiros do club de fútbol no que xogaba o mozo e alumnos do instituto onde estudaba a moza non querían falar esta mañá, mentres que veciños da familia lamentaban o ocorrido. 

As banderias están a media hasta no concello, que decretou dous días de loito oficial.

Non se sabe aínda por que o coche que conducía o mozo se saíu da vía. O condutor do outro vehículo sufriu feridas leves e xa foi dado de alta. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2018