CRTVG

Buscar

Os mosteiros e as casas rurais son unha alternativa para os turistas que buscan paisaxe e tranquilidade

Publicado o 17/07/2019 13:05

Paisaxe, patrimonio cultural e tranquilidade son algúns dos reclamos do turismo de interior. Entre os destinos máis demandados está a Ribeira Sacra. No que levamos de verán a ocupación medrou máis dun 9 por cento con respecto ao ano pasado e para o mes de agosto agardan colgar o cartel de completo en moitos establementos. Un crecemento semellante ao que rexistrou o turismo rural no que levamos de ano en Galicia.

Embarcámonos con destino ao corazón da Ribeira Sacra. É unha das actividades máis demandadas xunto coas visitas ao patrimonio románico, estamos nunha das maiores concentracións de románico rural de toda Europa.

Un lugar altamente recomendable que cada ano atrae máis visitantes, chegados sobre todo do norte da península.

Esta casa de turismo rural abriu as súas portas hai dúas semanas e o número de reservas desbordounos.

Para agosto esta cifra sobre por riba do 90 por cento. En xeral, o turismo rural en Galicia incrementou na primeira metade do ano nun 10 por cento a súa ocupación con respecto ao ano pasado, no que chegou a máximos históricos con máis de 416.000 reservas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2019