CRTVG

Buscar

Os Mossos investigan un posible crime machista en L'Hospitalet de Llobregat

Publicado o 05/08/2019 13:29
Os Mossos investigan un posible crime machista en L'Hospitalet de Llobregat

Os Mossos d'Esquadra investigan a morte dunha muller que faleceu o sábado pasado no hospital de Bellvitge, en L'Hospitalet de Llobregat, onde ingresara malferida, como consecuencia dunha agresión que se investiga como violencia machista.

Segundo informaron fontes próximas ao caso, a muller morreu o día 3, unhas horas despois de ingresar no centro sanitario, con indicios de ser vítima dunha agresión. 

A raíz da morte da muller, o Xulgado de Instrución de L'Hospitalet de Llobregat abriu dilixencias e encargou aos Mossos que investigasen as circunstancias da agresión.

Aínda que polo momento manteñen abertas todas as hipóteses, os primeiros indicios apuntan a que foi vítima dunha agresión machista, polo que as pescudas se centran na súa contorna familiar e persoal.

Se se confirma, sería a vítima número 38 da violencia machista no que vai de ano en España e a quinta en Cataluña.