CRTVG

Buscar

Os Mossos investigan a morte dun matrimonio no seu piso en Barcelona

Publicado o 25/08/2019 14:37

Un home e a súa muller, ambos de 75 anos, apareceron acoitelados esta noite no interior do seu piso en Barcelona. A porta estaba pechada con chave por dentro e a policía descarta un roubo e mesmo a intervención dunha terceira persoa nas mortes.

Foi neste edificio do barrio barcelonés de Sants, e o aviso dérono os veciños, alertados polo cheiro que saía do piso desde había días. Á chamada respondeu a Garda Urbana, que acabou localizando un fillo do matrimonio para que lles abrise a porta, dado que ninguén respondía no interior. Alí, pouco antes das doce desta noite, bateron cos corpos do home e da muller no salón. Tiñan cortes de arma branca e estaban sobre dous charcos de sangue. Como a porta da casa estaba pechada por dentro, os Mossos d'Esquadra descartan que as mortes fosen consecuencia dun roubo e mesmo que nelas interviñese unha terceira persoa. O xuíz decretou o segredo do sumario.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/08/2019