CRTVG

Buscar

Os Mossos deteñen un experto en tiro que quería atentar contra Sánchez

Publicado o 08/11/2018 21:11

A vontade do Goberno de exhumar os restos de Franco puxo o presidente no punto de mira dun vixilante de seguridade que pretendía atentar contra Pedro Sánchez. Moncloa cualifica a súa detención como incidente illado. O presidente do Executivo apelou á serenidade.

A noticia transcendeu agora, pero o arresto produciuse en setembro. O detido é un vixilante de seguridade de 63 anos. Prendérono os Mossos d'Esquadra na localidade barcelonesa de Terrasa. Pretendía atentar contra Pedro Sánchez porque o Goberno ía exhumar a Franco do Val dos Caídos.

No rexistro da súa vivenda atoparon un arsenal de armas para as que tiña licenza. O detido está prisión preventiva sen fianza investigado por catro delitos.Tras coñecerse o arresto, Pedro Sánchez  pediu serenidade.

Pedro Sánchez: "A única resposta que me gustaría darlle á opinión pública, pola noticia que se coñeceu hoxe, é sosego, serenidade, normalidade e traballo".

O Goberno considera a detención como un incidente illado e afirma que a seguridade do presidente nunca estivo comprometida.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2018