CRTVG

Buscar

Os Mossos buscan o autor dun homicidio acontecido nun salón de peiteado en Barcelona

Publicado o 07/07/2019 16:38


Os Mossos d'Esquadra buscan o autor do homicidio dun home que se produciu na noite do sábado nun salón de peiteado do barrio de Sarrià de Barcelona.
O establecemento estaba pechado cando o delincuente, encarapuchado, disparou en varias ocasións antes de fuxir do lugar.
A policía autonómica investiga o suceso como se se tratara dun intento de atraco que acabou coa morte do home, marido da dona do salón de peiteados e a quen se cre que a vítima fora buscar ao finalizar a súa xornada laboral. Descoñécese se o autor dos disparos contou con axuda dalgunha outra persoa. Están abertas outras liñas de investigación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/07/2019