CRTVG

Buscar

A autopsia revela que a rapaza de Mataró foi asasinada

Publicado o 18/06/2019 19:18

Os resultados preliminares da autopsia revelan que a moza de 14 anos de Mataró foi asasinada. Os Mossos d'Esquadra buscan o irmán de 16 anos que está desparecido. Queren interrogalo para coñecer o que poida saber dos feitos ocorridos o domingo. O xulgado que instrúe o caso tamén activou a súa busca. Os dous menores estaban sós na casa, xa que a súa nai estaba de viaxe en Rusia, o país de orixe da familia.

Foi a propia muller a que lles pediu a uns amigos que se achegaran ao piso para comprobar como estaban os rapaces cos que non conseguía contactar por teléfono. O Concello de Mataró condenou o asasinato da pequena.

A rapaza apareceu morta cando un amigo da familia puido acceder ao interior da vivenda. Alí atopouna na cama cunha ferida no pescozo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2019